Blog sobre o Shiitake | Shiitake Trives

O cogomelo Shiitake (Lentinus edodes) é un cogomelo comestible orixinario do leste asiático que se cultiva dende fai máis de 100 anos. Descubre no noso blog información sobre os nosos cultivos ecolóxicos e as mellores receitas feitas con Shiitake.
mediterranean-cuisine-2378758-1280x853.jpg

28/07/2022

Comezamos coas receitas dos nosos clientes!

A primeira sen dúbida ten que ser unha de Anxo Trives, chef de Hostal A Viuda (A Pobra de Trives, Ourense) e gran amigo. Esta receita  foi o pistoletazo de salida ao noso produto, un orgullo e un pracer, e ademáis está riquisima!

Estamos encantados de poder contar con chefs na nosa vila que cociñen o noso produto con tanto mimo e talento.

O shiitake é un fungo moi versátil e adaptase a todo, así que … a cociñar e a papar!

 

INGREDIENTES

  • Shiitake de Trives
  • Allo
  • Guindilla
  • Langostinos
  • Sal
  • Aceite
  • Figos
  • Sésamo negro (podese substituir por sésamo normal)
  • Albahaca thay (pódese substituir por albahaca normal)

 

ELABORACIÓN

Limpar o shiitake, cortalo en xuliana. Doramos un allo con guindilla nunha tixola con aceite e salteamos o shiitake. Pelamos unha cola de langostinos e a salteamos.

 

PRESENTACIÓN

Colocar na base da bandexa unha cama co shiitake salteado, enriba no centro poñemos o langostino e ao redor poñemos os figos. Salpimentamos, engadimos sésamo negro e albahaca thay … e listo para degustar!

 

Próximamente máis receitas!

 

 


pantallazo-webc-1280x676.png

27/06/2022

Aquí a Geli ao aparato!

Moit@s de vós levades tempo preguntando para cando a páxina web, sobre todo a xentiña de fóra da comarca que, claro, ten gana de Shiitake Trives todas as semanas e non pode acceder a el tan fácilmente. Pois ben, non sen demora, chegou o momento!
 Esta páxina aínda está en vías de asentamento, polo que non vai ser perfecta (pedimos perdón de antemán) pero confío en poder solventar os problemas que vaian xurdindo ata conseguir a súa mellor versión.
A páxina vai funcionar principalmente coma unha tenda virtual onde poderedes mercar toda a nosa variedade de produtos Shiitake Trives, ademais doutros packs con viños deliciosos. Pero, nada disto existiría sen vós, polo que tamén haberá un apartado donde seredes os protagonistas. De feito, necesitamos a vosa axuda, xa que a páxina vai contar cun blog no que, ademais de atopar cousiñas como a nosa historia, o cultivo do shiitake, receitas… tamén atoparedes un apartado onde deixar as vosas suxerencias sobre como podemos mellorar e medrar como proxecto rural. Por iso, pedímosvos que comentedes, compartades e, incluso, critiquedes! Vai servir como unha pasarela entre este o noso rinconciño no Macizo Central Ourensán e o resto do territorio.
Esperamos que compartades con nós as vosas experiencias cos nosos productos, con Shiitake Trives, as vosas receitas, os vosos trucos de cociña, os vosos consellos etc. Xuntos podemos ir ​aprendendo os mil xeitos de degustar este fabuloso fungo que non deixa indiferente a ninguén.
Por último, tamén vos pedimos que compartades a páxina virtualmente, polo “boca a boca” ou de calquera outra maneira que nos faga chegar a máis xente.
Por unha longa relación e moitas shiitakes por comer!

Shiitake Trives

Mª Ángeles González Rodríguez, creadora de Shiitake Trives, é unha productora certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), o órgano encargado do control de certificación das producións ecolóxicas en Galicia.