Cando descubrimos o procedemento da producción destes fungos quedamos abraiadas, e cando investigamos un pouco máis asombrámonos coas súas propiedades para a saúde, así como co seu valor culinario, e non pudemos resistirnos a intentalo.
Dos carballos que habitan estas fragas sacamos os troncos que producen estos cogumelos portentosos, cheos de vida e de saúde, e con un sabor e unha textura expectaculares. Cultivados dende hai centos de anos en Xapón e considerado o fungo de vida e da lonxevidade, estamos felices de poder compartir con vos esta experiencia para os sentidos, con un produto auténtico cultivado sen fitosanitarios, nin calquera tipo de veleno; un cogumelo que medra dentro do tronco no que se alimenta, bebendo auga da choiva ou de manantiais puros desta terra, por eso temos a certificación ecolóxica de CRAEGA (Consello Regulador Agricultura Ecolóxica de Galicia).
Shiitake Trives nace no ano 2019 en forma de tolemia. Geli, buscando unha alternativa de traballo á hostalería apostou pola terra e a innovación cun produto 100% ecolóxico a través desta variedade de cogomelos, o Shiitake, que se produce en troncos de carballo, que é abundante na zona de Trives.
Geli González sempre resaltou a beleza do proceso do cultivo e cómo xurde o fungo nun clima, como o de Trives, propicio para o seu cultivo.
O confinamento chegou xusto coa saída da primeira produción de Shiitake Trives polo que moita xente mercou os cogomelos como apoio o proxeto, xa que a hostalería estaba pechada. Pero logo de probalos a maioría repetiron e agora son clientes habituais.
A nova web está creada para atender a demanda de fora de Galicia e poder mercar online os nosos produtos. Na tenda online de Shiitake Trives os clientes poden encontrar tanto Shiitake fresco, en po, ou o Shiitake deshidratado tanto enteiro como laminado.
Obtemos o certificado CRAEGA (Consello regulador da agricultura ecolóxica galega) que garante o cultivo ecolóxico dos nosos produtos.